Grupo Andersen
[Deseño de Manolo Uhía]
Contidos e Métodos
1. Presentación. A partir da presentación e o coñecemento dos compoñentes do Grupo de Traballo determinaranse os contidos definitivos, en función dos intereses expresados por todos e todas (sempre, naturalmente, que garden relación cos obxectivos antes expresados).
2. Repertorio bibliográfico sobre a obra de Andersen nas súas versións castelá, galega e portuguesa. Lectura, análise e comentario da Sereíña. Reparto entre os compoñentes do grupo de outros contos e obras deste autor para a súa lectura ao longo do curso.
3. Repertorio videográfico de películas inspiradas en contos de Andersen. Visionado, análise e comentario da Sereíña (versión Walt Disney). O comentario estará dirixido especialmente a identificar as diferenzas de contidos entre a versión literaria orixinal e a versión cinematográfica, así como os diferentes valores que representan.
4. A importancia da figura de Andersen na historia da literatura infantil universal e a persistencia da súa influencia na actualidade. Os contos de Andersen e a súa representación en imaxes. A análise de valores aplicada ao estudio dos contos de Andersen e a súa posible influencia na psicoloxía infantil.
5. O cine de Walt Disney e a súa importancia na formación do xénero 'cine de animación'. As versións de Walt Disney dos contos tradicionais; comparación coas versións literarias. A análise de valores aplicada ao estudio das películas de Walt Disney e a súa posible influencia na psicoloxía infantil.
6. A literatura infantil e a imaxe nas aulas de Educación Infantil e primeiros cursos de Primaria. Propostas de traballo para a aula.
7. Deseño de materiais para o traballo na aula cos contos de Andersen (en especial A sereíña) e as versións cinematográficas (en especial A sereíña de Walt Disney).
Para o curso 2005-06 o mesmo pero con outros escritores clásicos: Perrault e irmáns Grimm.
Memoria 2004-2005
Xuntanzas quincenais ao
longo do curso académico 2004-05.
Deseño e realización de actividades e
elaboración de materiais para Educación Infantil e
Primaria.
Elaboración
deste
sitio web do Grupo Andersen.
Encontros
con autores:
- Antón Cortizas o 16-12-2004 (a súa visita deixounos un xeito de facer con papirofrexia... paxariña, grou [base paxaro], tarabela...);
- Marilar Aleixandre o 21-4-2005 (agasallounos cun conto de aire anderseniano).
Dous
artigos publicados na revista Fadamorgana:
- Ansersen na aula de infantil
Participación como
ponentes no
Curso de formación continua - II Curso de perfeccionamento:
- As literaturas infantís e xuvenís
ibéricas
- A súa influencia na formación lectora
- Revisitar os clásicos
Do 5 ao 8 de setembro de 2005, en Santiago de Compostela.
http://www.usc.es/cptf/Formacion/CursosFormacion/Datos2005/Fc15632005-2006g.htm
Proxecto 2005-2006
Participación como
ponentes nos
XI Encontros Luso-Galaico-Franceses do Livro
Infantil e Juvenil
Do 16 ao 18 de novembro de 2005, en Porto (Portugal).
http://www.campo-letras.pt/prepublicacoes/11encontros.htm
A voltas cos
clásicos... Carapuchiñas e lobos... Polgariños...
XII Encontros Luso-Galaico-Franceses do Livro
Infantil e Juvenil
http://194.79.88.139/rbep/one_news.asp?idnews=185
Provocar
pasión por ler...
Antecedentes dos contos de Andersen
Xa sabemos que Andersen, coma outros autores, toma prestadas
ideas dos contos populares.
A nosa reflexión sobre isto.
Algún día, ao mellor, chegamos a facer cousas coma esta... ou así... ou tamén así... ou mesmo así...
Pero isto xa é outra cousa...
Documentos
Outra xente tamén celebrou a Andersen e traballou sobre el.
Dous estudios interesantes sobre o xénero na literatura para a nenez e mocidade: modelos e imaxes.
Proxecto 'Lecturas de ida y vuelta'
Cartel do Día das Letras Galegas 2006