Grupo Andersen

[Deseño de Andersen]

 

       Somos un grupo de xente interesada na literatura que tamén pode ler a mocidade e a xente miúda, chamada Literatura Infantil e Xuvenil, e mal interpretada como literatura SÓ para os máis pequenos e novos da casa e da sociedade... E un grupo de xente interesada, polo tanto, na literatura de Hans Christian Andersen.
       Non existe unha literatura para menores e unha literatura para maiores. Só existe boa literatura e mala literatura. Un bo libro permite sempre facer varias lecturas, e a diversas idades. Calquera de nós pode ter a experiencia de ler un libro varias veces ao longo da súa vida e sentir que ese mesmo libro lle di cousas distintas nos distintos momentos.

       Naceu, o Grupo Andersen, no curso académico 2004-2005.

 

       Constituímos este grupo:

 

       O grupo partíu da base: "No segundo centenario do nacemento de Andersen: un grupo de traballo sobre imaxe e educación infantil".

 

       Compoñentes: Poderán participar no Grupo de Traballo preferentemente mestres e mestras de Educación Infantil e primeiros cursos de Primaria. Non obstante, eventualmente tamén poderá integrarse calquera persoa que manifeste interese pola literatura infantil e o desenvolvemento de reflexións, debates sobre a literatura infantil e a imaxe, o deseño de prácticas para o traballo con estes medios nas aulas de Educación Infantil e primeiros cursos de Primaria, así como sobre a investigación en xeral da influencia das imaxes na construción de valores durante as primeiras idades.

 

       Obxectivos:

-         Lectura e análise das obras de Andersen nas versións castelá, galega e portuguesa dispoñibles.

-         Visionado e análise das películas inspiradas en contos de Andersen, con especial atención á Sereíña (versión Walt Disney).

-         Iniciación ao coñecemento da literatura infantil e a súa importancia para o traballo na aula na Educación Infantil e primeiros cursos de Primaria.

-         Iniciación ao coñecemento da chamada “linguaxe da imaxe” ou “linguaxe audiovisual” e a súa importancia para o traballo na aula na Educación Infantil e primeiros cursos de Primaria.

-         Estudio das diversas metodoloxías existentes para a análise dos valores e a súa transmisión a través da literatura infantil, a televisión e o cine.

-         Deseño de prácticas para o traballo na aula coa literatura infantil e a imaxe.

Para o curso 2005-06 o mesmo pero con outros escritores clásicos: Perrault e irmáns Grimm.

 

             Fotos do curso 2004-05

(Preme sobre as fotos se queres velas máis grandes)

             Fotos de marzo de 2007