¡¡¡ESTASSS!!! son as PRIMEIRAS fotos que fixen na miña vida...
Mami di que está orgullosísima de min e que me asemello
a ela...
Mami di tamén que foi unha pena non ter unha máquina de fotos a man e ter que facelas co móbil..., porque, entre que a súa óptica é peor, e que se nos cae a cotío ao chan (e iso non lle ven ben a ningunha óptica fotográfica)..., pois... saen fatal...
―A ver... O problema con esta foto foi a velocidade de obturación do obxectivo... que é lenta cos móbiles (se son de menor calidade, como é este, que é da gama baixa, é máis lenta aínda...), e tamén é lenta coas cámaras dixitais de gama baixa, e ás veces... aínda que non sexa moi baixa... (mamá di que lle sae un bonito sillón onde un par de minutos antes estaba eu sentada...).
―¿A que en canto souben que non me podía mover até que a máquina se disparase, as tres seguintes saíron chulis?
―Ben... O trebello este... seica tampouco non ten moita profundidade de campo...
Santiago de Compostela (A Coruña), 11 de abril de 2008.
(Eiquí compre dicir que Mariña cumplíu tres anos o
24 de xaneiro, para que se saiba das súas habelencias...
Nai fachendosa...)