Grupo Andersen
[Deseño de Manolo Uhía]
Precedentes dos contos de Andersen
A
Sereíña:
Relendo
o extraordinario ensaio de H. P. Lovecraft O horror na literatura (na
edición de Alianza Editorial)
atopamos
unha referencia que parece sinalar, practicamente sen ningún xénero de dúbidas,
un dobre –e sorprendente– antecedente do conto da Sereíña de Andersen.
Citamos
(traducindo dende
o castelán): “O máis artístico de todos os relatos espectrais é o clásico alemán
Ondine (1814), de Friedricht Heinrich Karl, barón da Motte-Fouqué. Nesta
historia dunha ondina que casa cun mortal e consegue unha alma humana hai unha
delicada beleza que a fai notable (...).
En realidade, procede dun conto que recolle o médico e alquimista do Renacemento
Paracelso, no seu Tratado sobre os espíritos elementais.
Ondina, filla dun poderoso príncipe das augas, é cambiada polo seu pai, de
pequena, pola filla dun pescador, co fin de que poida adquirir unha alma casando
cun ser humano. Coñece ao xove Huldbrand na cabana do seu pai adoptivo, xunto ao
mar, no lindeiro dun bosque encantado; cedo casa con el e acompáñao ao seu
castelo ancestral de Ringstettan. Co tempo, Huldbrand cánsase das filiacións
sobrenaturais da súa esposa (...) a medida que medra o seu afecto por Bertalda,
quen resulta ser a filla do pescador (...) ... unhas palabras alporizadas ...
devolven (a Ondina) ao seu elemento natural do que, de acordo coas leis da súa
propia especie, só pode retornar unha vez... para matar ao seu esposo, queira
ela ou non, se chega a ser infiel á súa memoria. Máis tarde, a piques de casar
Huldbrand con Bertalda, vén Ondina a cumprir co seu doloroso deber e quítalle a
vida entre bágoas. (...)” (Páxs. 43-44). Como pode verse, o paralelismo coa
versión de Andersen é moi estreito, incluído o acto final de matar ao home do
que está namorada, coa diferencia, claro, de que no conto de
Andersen a serea non é quen de levar adiante a acción.
![]() |
Motte-Fouqué, Baron de la (1777-1843) |
Poeta e novelista alemán.
Escribiu moitos romances, contos e xogos baseados na mitoloxía dos nórdicos. Lémbrano principalmente, sen embargo, polo seu conto de fadas da ninfa que non tiña ningunha alma, Undine (1811), do cal houbo innumerables edicións en inglés, e tamén noutros idiomas. |
http://www.biografiasyvidas.com/biografia/m/motte_fouque.htm
http://www.babab.com/no01/carl_reinecke.htm
O que fai o meu home, ben feito está:
No
Conde Lucanor de Don Juan Manuel,
no 'Exemplo
XXVII',
que leva o título “De lo que contesçió a un emperador e a Don Alvar Háñez
Minaya con sus mugeres”:
http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/01383897522571623867802/index.htm
O
traxe novo do Emperador:
Nun principio comentamos que xa estaba en Cervantes e en Don Juan Manuel no Conde Lucanor, e que a versión deste era posible que procedera do Calila e Dimna. Decidimos facer as comprobacións oportunas. Este é o resultado:
- En efecto, o mesmo conto aparece claramente no Conde
Lucanor de Don Juan Manuel. Trátase do 'Exemplo XXXII', que leva o
título: 'De lo que contesçió a un rey con los burladores que fizieron el
paño'. A clave do engano consiste en que os burladores se presentaron como
"maestros de fazer paños" e que "fazían un paño que todo omne que fuesse fijo
daquel padre que todos dízían, que vería el paño; mas el que no fuesse fijo
daquel padre que él tenía e que las gentes dizían, que non podría ver el paño".
O que se atreve a dicir a verdade é, neste caso, "un negro, que guardava el
cavallo del rey e que non avía que pudiesse perder":
http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/01383897522571623867802/index.htm
- A versión cervantina implica xa unha novidade temática.
Encóntrase no entremés titulado 'Retablo de las maravillas'. Nel, unha
compañía de comediantes presenta ás autoridades dunha vila un "Retablo de las
maravillas", composto polo "sabio Tontonelo", no que se poderían observar todas
as marabillas do universo, non sendo que "ninguno puede ver las cosas que en él
se muestran, que tenga alguna raza de confeso, o no sea habido y procreado de
sus padres de legítimo matrimonio". O final é tamén atípico porque non hai
ningún "inocente" que descubra o embuste senón que se monta un bo enredo porque
un militar que chega a última hora di que non ve nada e os vilegos acúsano de
ser converso e o tipo saca de espada e móntase a gran enleada:
http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/68026953095571495288868/index.htm
- En cambio, non demos atopado o conto na versión de 'Calila e Dimna' que temos, que é a de Alianza Editorial. Ao parecer, existen varias versións desa colección de contos, pero a que fai Marcelino Villegas para Alianza semella ser moi completa. Así que, en tanto non teñamos outro dato, quedámonos con Don Juan Manuel e Cervantes como antecedentes.