32º Congreso Internacional de IBBY
Santiago de Compostela (España)
do 2 ao 7 de xullo de 2010
Concurso seleccionador do cartel do congreso
O International Board on Books for Young People (IBBY), organización non gobernamental fundada en Zúrich no ano 1953, celebra, con periodicidade bienal, o seu Congreso Internacional, foro do máis alto prestixio para o estudo, debate, difusión e promoción do libro infantil e xuvenil. Durante a celebración dos congresos internacionais de IBBY ten lugar, entre outras actividades, a entrega das medallas Hans Christian Andersen, os chamados premios nóbel de literatura e de ilustración creadas para os nenos e os mozos. No ano 2010 o Congreso Internacional de IBBY, na súa 32ª edición, terá lugar na cidade de Santiago de Compostela, encargándose da súa organización a Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil (OEPLI), sección española do IBBY, a través da Asociación Galega para o Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX). Coa finalidade de escoller o cartel do 32º Congreso Internacional de IBBY, imaxe do devandito evento en todo o mundo nos anos previos ao da celebración do congreso e, por suposto, durante o 2010, a OEPLI e GÁLIX convocan un concurso seleccionador que se rexerá polas seguintes
BASES
1
Poderán
participar neste Concurso todos aqueles creativos, ilustradores, deseñadores ou
artistas nacidos en Galicia ou que teñan residencia na Comunidade Autónoma de
Galicia.
2
O cartel
deberá ser orixinal, inédito e non premiado anteriormente. A técnica e o formato
serán libres. No cartel, obrigatoriamente, deberán aparecer os seguintes textos:
Ø NUN TIPO DE LETRA MAIOR:
A FORZA DAS MINORÍAS / LA FUERZA DE LAS MINORÍAS / THE STRENGTH OF MINORITIES, lema xeral do congreso e tema ao que, en calquera das súas dimensión e segundo a libre interpretación que queiran facer os autores, deberá facer referencia o motivo do cartel.
Ø NUN TIPO DE LETRA MENOR:
32º CONGRESO INTERNACIONAL DE IBBY / 32th INTERNATIONAL IBBY CONGRESS
Santiago de Compostela, 2-7 de xullo de 2010 / 2-7 de julio de 2010 / 2-7 July 2010
Ø Ademais deberá terse en conta que no cartel terá que deixarse espazo para introducir, no momento da edición, os logosímbolos de IBBY, de OEPLI, de GÁLIX e da Xunta de Galicia.
3
Cada
concursante poderá presentar un máximo de tres traballos.
O gañador ou a gañadora deste concurso obterá un premio de 6.000 euros, menos o
IRPF vixente, en concepto de merca dos dereitos de reprodución e de explotación
pública da obra gañadora.
4
Os orixinais
deberán ser presentados en soporte físico orixinal coa súa correspondente
embalaxe, sen sinatura nin sinal ningún que indique a súa procedencia. Deberá
consignarse ao dorso o título específico de cada cartel ou o pseudónimo do autor
ou autora. As obras irán acompañadas dun sobre pechado, identificado na súa
parte exterior co título da obra ou pseudónimo do autor ou autora, e no seu interior
depositarase una nota escrita a máquina ou ordenador, indicando o nome, apelidos,
enderezo, código postal, poboación e teléfono de contacto do autor ou autora, así como
fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.
5
O prazo de
recepción de orixinais permanecerá aberto desde a publicación destas bases até o
1 de marzo de 2006, ás 20 horas. A presentación de traballos ao concurso
realizarase, persoalmente (os mércores, en horario de 11 a 14 horas, e os xoves,
en horario de 11 a 14 horas e de 18 a 20 horas) na sede social de
GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil):
Rúa
Galeras, nº
17, 1º, Local 3
15705 Santiago de Compostela
(A Coruña)
Teléfono/fax: 981 58 98 83
ou por correo, dentro do prazo establecido. Calquera orixinal que chegue despois
das 20 horas do día 1 de marzo de 2006 quedará excluído do concurso.
6
Os autores
poderán recuperar os traballos presentados durante os dous meses seguintes ao
fallo do Xurado, e as entidades convocantes non manterán ningún tipo de
correspondencia ao respecto. As entidades organizadores non asumirán ningún tipo
de responsabilidade por desperfectos nos orixinais presentados a concurso, se
ben farán todo o posible para mantelos en perfectas condicións de conservación.
Cumprido este prazo, as entidades convocantes arquivarán e/ou destruirán as
obras que queden en depósito.
7
O Xurado será
nomeado polo comité organizador do 32º Congreso Internacional de IBBY. O fallo
do Xurado será inapelable en todos os casos e poderá declarar deserto o
concurso. O Xurado ten a potestade de completar, segundo o seu criterio, as
omisións ou dúbidas que puideran derivarse da interpretación destas bases.
8
En
cumprimento da vixente Lei de Propiedade Intelectual, as entidades convocantes
obteñen do gañador ou gañadora do Concurso a cesión dos dereitos de explotación
e reprodución da obra pero non o soporte material no que aquela se sustenta ou
orixinal. Este orixinal, se así o desexa a persoa gañadora, poderá ser recollido
pola mesma unha vez que as entidades convocantes finalicen o proceso de impresión e
tiraxe do cartel. As entidades convocantes reservan o dereito de organizar unha
exposición pública con todas ou parte das obras presentadas.
9
A
participación neste Concurso supón a íntegra aceptación das súas bases.
Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2005