|

|
- Centro de estudios
profesionais de grande prestixio e que conta con persoal formador con
moita experiencia. Situado na fermosa vila de Betanzos,
ten instalacións para un máximo de vinte prazas simultáneas.
- Centro Colaborador da Xunta de Galicia para Cursos de Formación Ocupacional
da
especialidade de Perruquería.
|
|
 |
 |
|
- Imparte, ademais,
os ensinos correspondentes ó NIVEL 3 DE PERRUQUERÍA DO REINO
UNIDO; titulación que capacita para a obtención do Carné
Profesional, imprescindible en Galicia para poder montar o teu
propio Salón de Perruquería.
- Ten xa máis de quince anos de experiencia,
o que lle confire un estilo propio moi ben
valorado polos salóns de perruquería da súa zona de influencia. De tal
xeito que a práctica totalidade do seu alumnado que finaliza a súa
formación, ten garantido un posto de traballo (en ocasións, os
alumnos comezan a traballar en salóns de perruquería antes de rematar
os estudios).
|
- Pelomanía é un centro
preocupado pola calidade do ensino que oferta. O seu profesorado
participa continuamente en cursos de formación e en mostras e
congresos, tanto nacionais como internacionais. Debido a isto, ten un
espacio dentro do campo das academias con prestixio.
|
|

|
|