Colexios Rurais Agrupados de Galicia
Que son os Colexios Rurais Agrupados: CRA?
Son agrupacións de escolas unitarias da zona rural, dun ou varios concellos, constituíndo un só colexio público.
Estas escolas agrúpanse coa finalidade de acadar novas expectativas pedagóxicas; deste xeito, as antigas escolas unitarias pasan a ser unidades do Colexio Rural Agrupado (CRA), permanecendo situadas nas mesmas localidades.
Os CRA contan con meirandes recursos persoais, económicos e materiais cás escolas unitarias.
Historia e Constitución
No curso 1988-89 comezou en Galicia o funcionamento, en plan experimental, dos primeiros Colexios Rurais Agrupados, ao abeiro do Decreto 63/1988, de 17 de marzo, e a Orde do 14 de abril de 1988, da Xunta de Galicia.
Na actualidade a creación dos CRA está regulada polo Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (DOG 21-10-1996), artigos 2 ao 6, e pola Orde do 22 de xullo de 1997 pola que se regulan determinados aspectos de organización e funcionamento das escolas de educación infantil, dos colexios de educación primaria e dos colexios de educación infantil e primaria dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG, 02-09-1997).
Obxectivos
Lograr unha participación activa de todos os membros da comunidade educativa, contribuíndo á revitalización das escolas unitarias, evitando o desarraigo dos nenos do seu contorno familiar e natural.
Enriquecer o labor docente formando equipos permanentes de traballo, elaborando e aplicando proxectos pedagóxico-didácticos conxuntos, evitando o illamento persoal e profesional, de xeito que repercuta na formación dos nenos.
Elevar a calidade do ensino nas comunidades rurais.
Características
- Existencia dunha sede como centro administrativo e punto de encontro de todos os membros da Comunidade Educativa: profesorado, alumnado, pais e nais, etc.
- Ao profesorado titor das unidades engádese profesorado especialista itinerante, e outros en función das necesidades de cada centro
- Órganos de goberno:
a) Unipersoais: director/a, xefe/a de estudios e secretario/a.
b) Colexiados: consello escolar e claustro de profesores.
- Órganos
de coordinación docente:
a)
Equipos de ciclo.
b)
Comisión de coordinación pedagóxica.
c)
Equipo de normalización lingüística.
d)
Equipo de actividades complementarias e extraescolares.
Bibliografía
Maceiras García, Lourdes; Segovia Largo, Ángel. Educación rural en Galicia. Colegios rurales agrupados. En: Membiela, Pedro; Cebreiros, Mª Isabel; coordinadores. Innovación en la práctica educativa universitaria. Ourense: Educación editora; 2023. p. 577-588.
Dispoñible en: http://hdl.handle.net/11093/4506
Segovia Largo, Ángel; Maceiras García, María Lourdes. Os colexios rurais agrupados en Galicia, centros con calidade. Revista Galega de Educación. 2018; 70: 68-73.
Dispoñible en: http://hdl.handle.net/11093/1163
Segovia Largo, Ángel. Os colexios rurais agrupados, outro modelo de educación rural en Galicia. EDUGA, Revista Galega do Ensino. 2011; 62.
Dispoñible en: http://www.edu.xunta.gal/eduga/node/44
Segovia Largo, Ángel; Maceiras García, Lourdes. Os Colexios Rurais Agrupados, un novo modelo de educación rural en Galicia. Salud Pública y Educación para la Salud. 2004; 4 (1): 20-27.
Dispoñible en: https://ageps.webs.uvigo.es/crasga/2004-spyeps-Segovia_Maceiras.pdf
Maceiras García, L; Segovia Largo, A. Educación para la salud realizada en las escuelas unitarias de Galicia con alumnado de infantil y primaria. En: Colomer C et al., editores. Invertir para la salud en un mundo globalizado. Estilos de vida y educación para la salud. Zaragoza: Sociedad Española de Salud Pública y Administración Sanitaria; 2001. 72.
Dispoñible o resumo en: https://www.gacetasanitaria.org/es-mesa-comunicaciones-poster-iii-estilos-articulo-13021024 (En pdf)
Maceiras García, L; Segovia Largo, A. Obstáculos para llevar a cabo la Educación para la Salud en la escuela en las escuelas unitarias rurales de Galicia. En: Colomer C et al., editores. Invertir para la salud en un mundo globalizado. Estilos de vida y educación para la salud. Zaragoza: Sociedad Española de Salud Pública y Administración Sanitaria; 2001. 73.
Dispoñible o resumo en: https://www.gacetasanitaria.org/es-mesa-comunicaciones-poster-iii-estilos-articulo-13021024 (En pdf)
Maceiras García, ML; Segovia Largo, A; García López, T; Barros Dios, JM; Sampedro Martínez, P; Bernal Vizoso, MC; Gestal Otero, JJ. A saúde e a educación psicomotriz nas escolas unitarias dun C.P.R.A. Adaxe, Revista de Estudos e Experiencias Educativas. 1995; 11: 77-85.
Dispoñible en: http://hdl.handle.net/10347/571
Segovia Largo, Ángel. O ritmo nas escolas unitarias. Saudiña. 1994; 1: 7-8.
Dispoñible en: https://ageps.webs.uvigo.es/crasga/1994-s1-Segovia.pdf
Ortigueira Piñeiro, Lucía. C.R.A. de Valga: O rexurdimento da escola rural. DENDE VALGA. Un espazo para a comunicación local. 2 xuño, 2021.
https://luciaortigueira.home.blog/2021/06/02/c-r-a-de-valga-o-rexurdimento-da-escola-rural/
Pérez Pena, Marcos. As escolas rurais: un modelo educativo que gaña atractivo no medio da pandemia. Praza. 21 setembro, 2020.
Marqués, Saray. Como hemos cambiado (1941-2013). Escuela. 2013; 4000 (1575): 6-7. [Fala dos CRA de Galicia na páxina 7, columna 3, liñas 40-54].
Dispoñible en: https://ageps.webs.uvigo.es/crasga/Escuela7-11-2013.pdf
Medios de Comunicación
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2009/07/05/0003_7828402.htm
Estamos actualizando a páxina..., teredes que ter un pouquirrichiño de paciencia...
CRA en Galicia
Mapas do alumnado dos CRA de Galicia: 2003-04, 2004-05, 2005-06.
Evolución dos CRA en Galicia:
por cursos: dende 1988-89 ata 2003-04
por anos e especificados: dende 1988 ata 2005
mapa dos CRA de Galicia (curso 2003-04)
mapa dos CRA de Galicia (curso 2006-07)
Evolución numérica:
alumnado e profesorado dos CRA de Galicia no curso 2002-03
alumnado e profesorado dos CRA de Galicia no curso 2003-04
alumnado e profesorado dos CRA de Galicia no curso 2004-05
alumnado e profesorado dos CRA de Galicia no curso 2005-06
(Para ver en grande, picar sobre a imaxe)
Colexios Rurais Agrupados de Galicia (en construción)
Provincia da Coruña:
Concello de Bergondo - CRA de Bergondo
Enderezo de correo electrónico: cra.bergondo@edu.xunta.gal
Enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/centros/crabergondo/
Concellos de Boqueixón e Vedra - CRA Boqueixón Vedra Neira Vilas
Enderezo de correo electrónico: cra.boqueixon.vedra@edu.xunta.gal
Enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/centros/craboqueixonvedra/
Concello de Cabana de Bergantiños - CRA Os Remuiños
Enderezo de correo electrónico: cra.remuinos@edu.xunta.gal
Enderezo web: http://www.edu.xunta.es/centros/craremuinos/
Concello de Carballo - CRA Ponte da Pedra
Enderezo de correo electrónico: cra.ponte.pedra@edu.xunta.gal
Enderezos web: http://www.edu.xunta.es/centros/crapontepedra/
http://crapontedapedra.blogspot.com.es/
Concello de Coristanco - CRA A Tarandeira
Enderezo de correo electrónico: cra.atarandeira@edu.xunta.gal
Enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/centros/craatarandeira/
CRA Novo Mencer
Correo electrónico: cra.novo.mencer@edu.xunta.es
Concello de Culleredo - CRA de Culleredo
Enderezo de correo electrónico: cra.culleredo@edu.xunta.gal
Enderezo web: http://www.edu.xunta.es/centros/craculleredo/
Concello de Dodro - CRA de Dodro
Enderezo de correo electrónico: cra.dodro@edu.xunta.gal
Enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/centros/cradedodro/
Concello de Malpica de Bergantiños - CRA Pedra da Arca
Correo electrónico: cra.pedra.arca@edu.xunta.es
Concello de Narón - CRA de Narón
Enderezo de correo electrónico: cra.naron@edu.xunta.gal
Enderezo web: http://www.edu.xunta.es/centros/cranaron/
Concello de Oroso - CRA de Oroso
Enderezo de correo electrónico: cra.oroso@edu.xunta.gal
Enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/centros/craoroso/
Concello de Ponteceso - CRA Nosa Señora do Faro
Enderezo de correo electrónico: cra.senhora.faro@edu.xunta.gal
Enderezos web: https://www.edu.xunta.gal/centros/crasenhorafaro/
Concello de Rianxo - CRA de Rianxo
Enderezo de correo electrónico: cra.rianxo@edu.xunta.gal
Enderezo web: http://www.edu.xunta.es/centros/crarianxo/
Concello de Santa Comba - CRA de Santa Comba
Enderezo de correo electrónico: cra.santacomba@edu.xunta.gal
Enderezos web: http://www.edu.xunta.es/centros/crasantacomba/
http://crasantacomba.blogspot.com.es/
Concello de Teo - CRA de Teo
Enderezo de correo electrónico: cra.teo@edu.xunta.gal
Enderezos web: http://www.edu.xunta.es/centros/crateo/
http://centros.edu.xunta.es/cradeteo/ant (web anterior)
Concello de Valdoviño - CRA O Esquío
Enderezo de correo electrónico: cra.valdovino@edu.xunta.gal
Enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/centros/cravaldovino/
Provincia de Ourense:
Concello de Monterrei - CRA Monterrei
Enderezo de correo electrónico: cra.monterrei@edu.xunta.gal
Enderezos web: http://www.edu.xunta.es/centros/cramonterrei/
https://cramonterrei.wordpress.com/
Concello de Ribadavia - CRA Amencer
Enderezo de correo electrónico: cra.amencer@edu.xunta.gal
Enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/centros/craamencer/
Provincia de Pontevedra:
Concello de Caldas de Reis - CRA de Caldas de Reis
Enderezo de correo electrónico: cra.caldas.reis@edu.xunta.gal
Enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/centros/cracaldasreis/
Concello de Gondomar - CRA Antía Cal
Enderezo de correo electrónico: cra.antia.cal@edu.xunta.gal
Enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/centros/craantiacal/
Concello de Meis - CRA de Meis
Enderezo de correo electrónico: cra.meis@edu.xunta.gal
Enderezo web: http://www.edu.xunta.es/centros/crameis/
Concello de Ponteareas - CRA A Picaraña
Enderezo de correo electrónico: cra.apicarana@edu.xunta.gal
Enderezo web: http://www.edu.xunta.es/centros/craapicarana/
Concello de Ribadumia - CRA de Ribadumia
Enderezo de correo electrónico: cra.ribadumia@edu.xunta.gal
Enderezos web: http://www.edu.xunta.es/centros/craribadumia/
http://craderibadumia.blogspot.com.es/
Concello do Rosal - CRA María Zambrano
Enderezo de correo electrónico: cra.maria.zambrano@edu.xunta.gal
Enderezos web: http://www.edu.xunta.es/centros/cramariazambrano/
https://cramariazambrano.wordpress.com/
Concello de Salceda de Caselas - CRA Raíña Aragonta
Enderezo de correo electrónico: cra.raina.aragonta@edu.xunta.gal
Enderezos web: http://www.edu.xunta.es/centros/crarainaaragonta/
http://crarainaaragonta.blogspot.com.es/
Concello de Salvaterra de Miño - CRA A Lagoa
Enderezo de correo electrónico: cra.alagoa@edu.xunta.gal
Enderezos web: http://www.edu.xunta.es/centros/craalagoa/
http://craalagoasalvaterra.blogspot.com.es/
Concello de Tomiño - CRA Mestre Manuel Garcés
Enderezo de correo electrónico: cra.tominho@edu.xunta.gal
Enderezos web: http://www.edu.xunta.es/centros/cratominho/
http://cramestremanuelgarces.blogspot.com.es/
Concello de Tui - CRA Mestra Clara Torres
Enderezo de correo electrónico: cra.mestra.clara@edu.xunta.gal
Enderezo web: http://www.edu.xunta.es/centros/cramestraclara/
Concello de Valga - CRA de Valga
Enderezo de correo electrónico: cra.valga@edu.xunta.gal
Enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/centros/cravalga/
Concello de Vilaboa - CRA de Vilaboa
Enderezo de correo electrónico: cra.vilaboa@edu.xunta.gal
Enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/centros/cravilaboa/
Se queredes máis información, podedes mandar unha carta por correo electrónico a:
Un novo modelo de educación rural:
A túa escola nun Colexio Rural Agrupado!
Municipios de Galicia
-- A Coruña
-- Lugo
-- Ourense
-- Pontevedra
Documento de organización do Centro (DOC) [EI-EP] (un exemplo do que había no curso académico 2006-2007) ® En formato 'pdf'
Libro
'La acción tutorial en
el marco docente' ® En
formato 'pdf'
Encadre teórico-metodolóxico da función titorial na educación.
Autores : Ángel Segovia Largo e Xoán Emilio Fresco Calvo, docentes
e membros do Seminario Galego de Educación para a Paz.
Capítulo 'La acción tutorial en
el marco docente', no libro
'La función tutorial'
® En
formato 'pdf'
Autores : Ángel Segovia Largo e Xoán Emilio Fresco Calvo.
Artigo: Andersen na aula de Infantil
Papiroflexia: Día escolar pola PAZ: páxina 1, páxina 2.
Enlaces a sitios de animación á lectura
Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado
Calendario Escolar - Xunta de Galicia
Código QR desta páxina web
Esta páxina web está a funcionar dende novembro de 1997.
Última modificación:
10/06/24